O servizo Bizum é un proxecto conxunto da BANCA ESPAÑOLA que se enmarca entre as iniciativas de innovación dixital para atender as novas necesidades dos seus clientes.

Trátase dunha nova SOLUCIÓN DE PAGAMENTOS, pioneira a nivel europeo, coa que os bancos amplían a oferta de servizos aos seus clientes. Bizum caracterízase por ser unha solución de pagamentos INMEDIATA (dispoñibilidade instantánea dos fondos na túa conta bancaria habitual), UNIVERSAL (sen necesidade de cambiar de banco e interconectada con todos) e INTEGRAL (permitirá realizar pagamentos entre particulares, en comercio físico e tendas online).

Bizum é a marca do servizo que presta a compañía que opera co nome de Sociedad de Procedimientos de Pago, SL. Esta sociedade é propiedade de 27 entidades bancarias que operan no mercado español e que se uniron para desenvolver solucións innovadoras en materia de pagamentos.