Esquécete de diñeiro en efectivo ou transferencias á hora de dividir os gastos entre os amigos: un paga e os demais fanlle un Bizum.
Paga a túa parte da cea, dos gastos compartidos do piso ou da subscrición grupal de Netflix, só necesitas o teu móbil e uns poucos segundos para saldar contas.
Se levas móbil, levas diñeiro
Fai un Bizum para pagar de forma doada, rápida e segura desde o teu móbil.

Como usar Bizum na app do teu banco?
Selecciona o teu banco
Consulta o listado de bancos que teñen Bizum, busca o teu e preme no logo.
Descarga a súa app
Unha vez no web do teu banco, sigue as intruccións para descargar a app.
Entra na app e actívao
Busca a opción “enviar e recibir diñeiro con Bizum”, activa o servizo, e listo!
Facer un Bizum significa enviar e recibir pagos nun instante


Xa podes pagar con Bizum en comercios en liña
Realiza as túas compras en liña de maneira rápida e segura. Só tes que elixir a opción “Pagar con Bizum”, indicar o teu número de teléfono, introducir a clave Bizum e validar a operación. Así de doado!
Descubre como doar facilmente a unha ONG desde o móbil
Busca a opción "Enviar diñeiro a ONG" dentro da app do teu banco, escolle unha ONG do listado ou introduce o seu identificador manualmente, indica o importe que queres doar e, nuns segundos, colaborarás cunha boa causa.

Goza das vantaxes de ter Bizum
Rápido
Podes enviar diñeiro en menos de 10 segundos.
Seguro
Bizum está apoiado polos principais bancos españois.
Doado
Envía diñeiro, só diñeiro, co teu móbil, sen que importe o banco receptor.
Descubre como funciona Bizum e para que utilizalo
Só necesitas un móbil para poder enviarlle diñeiro a un amigo, comprar no teu comercio en liña preferido ou facer unha doazón á causa que elixas.

Paga e cobra os teus premios con Bizum en administracións de loterías e apostas
Xa podes esquecerte da carteira cando vaias xogar a lotería e centrarte nos números que queres xogar. Se levas o móbil, levas diñeiro.
Amosa o teu código QR
Amosa o código QR Bizum que aparece no teu móbil.
Escanea o código
A persoa encargada escaneará o código QR Bizum co seu TPV.
Confirma o teu pago
Confirma a operación que fixeches desde o móbil, e listo!