Bizum | Descubre cómo funciona Bizum y para qué utilizarlo
Volver al blog
Descubre cómo funciona Bizum

Aínda non sabes que é Bizum e como funciona?

Descubre a forma máis doada, rápida e segura de realizar pagos desde o móbil.

Como funciona Bizum?

Enviar e recibir diñeiro

Compra en liña

Doar a unha ONG

Accede a Bizum desde a app do teu banco

Atopa Bizum dentro da app de calquera das nosas entidades bancarias afiliadas e actívao. Se o prefires podes descargar a app Bizum para comezar a enviar e recibir diñeiro.

Introduce o número de móbil e o importe

Busca a opción “Enviar e recibir diñeiro con Bizum”, introduce o número de móbil ou selecciona o destinatario desde a túa lista de contactos e indica o importe.

Preme enviar e farás un Bizum!

Unha vez enviando, se o receptor xa usa Bizum, terá o diñeiro dispoñible en segundos. En caso de que non sexa usuario Bizum, enviarémoslle un SMS coas instrucións para recibir diñeiro rápido e facilmente.

Elixe Bizum como método de pago

Agora tamén podes facerlles un Bizum aos teus comercios en liña preferidos. Ao momento de realizar as túas compras, elixe a opción “Pagar con Bizum”.

Indica o teu número de móbil e a túa clave Bizum

Os únicos datos que deberás introducir son o teu número de teléfono e a túa clave Bizum de 4 díxitos. Esta clave obterala na sección Bizum da app do teu banco e servirache para realizar as túas compras.

Introduce o código que che mande o banco para validar

O teu banco enviarache un SMS cun código para validar a operación, introdúceo e rematarás. Agora, goza da túa compra!

Selecciona a ONG á que queiras doar

Desde a app do teu banco onde teñas Bizum activo, selecciona a ONG ou mete o indicador.

Introduce o código ou busca a ONG

Poderás atopar o indicador da campaña que estea activa no listado da ONG.

Selecciona o importe que queiras doar e envía

Seleccionada a causa, indica o importe que queiras doar e en menos de 5 segundos contribuirás coa causa que queiras.

Preguntas frecuentes

Que requisitos hai para poder utilizar Bizum?

Abonda con dispoñer de conta bancaria (IBAN) en España con calquera das entidades que ofrecen o servizo e dun número de teléfono móbil.

Seguir lendo

É seguro?

Por suposto! Bizum é un servizo integramente ofrecido polas canles bancarias, polo que está totalmente amparado polos sistemas de seguridade dos bancos. A transferencia sempre a ordena o teu banco e é el o que se encarga de autenticarte.

Seguir lendo

Que é a clave Bizum?

A clave Bizum é un código de 4 díxitos co que poderás comprar en todos os comercios que teñan o botón Bizum como medio de pago dispoñible.

Seguir lendo