Bizum | Obtener Clave Bizum -
Volver al blog

Entidades bancarias coas que podes utilizar Bizum

Bizum é unha iniciativa da banca española, polo cal contamos co apoio da gran maioría dos bancos do país. Busca o teu e activa Bizum.

Como realizar un pago en liña

Elixe "Pagar con Bizum"

Selecciona a opción "Pagar con Bizum" no momento de finalizar a túa compra.

Introduce os teus datos

Escribe o teu número de teléfono e a túa clave Bizum.

Valida a compra

Introduce o código indicado polo teu banco e listo. Goza da túa compra!

Preguntas frecuentes

O meu banco Bizum non me ofrece a clave Bizum, podo comprar en liña?

En caso de que o teu banco non teña a clave Bizum significa que está traballando para ofrecer o pago en comercio electrónico. Outra posibilidade é que a túa entidade xa permita completar os pagos con Bizum directamente na súa app bancaria, para iso só terás que introducir o teléfono no momento do pago, e chegarache unha notificación do banco para completar o pago na súa aplicación.

Seguir lendo

Mudei de banco, sigo mantendo a miña clave Bizum?

En caso de facer portabilidade a outro banco, deberás obter unha nova clave Bizum para facer as túas compras en liña.

Seguir lendo

Podo cambiar a miña clave Bizum?

Claro! Igual ca co PIN dunha tarxeta. Poderás xestionar a clave Bizum na app do teu banco e solicitar a súa modificación ou creación dunha nova cando consideres.

Seguir lendo