Bizum | ¿Necesitas ayuda? Aquí las respuestas a sus preguntas frecuentas
Volver al blog

Necesitas axuda?

Busca entre os nosos artigos os consellos e respostas para axudarche coas túas dúbidas de Bizum.

Xeral

Que é Bizum?

Bizum é a solución de pagos a través do móbil, impulsada pola banca española, instantánea, rápida, cómoda e universal. Actualmente, permite realizar pagos entre particulares, doazóns a ONG e pagar nos comercios en liña asociados. Seguimos traballando sen descanso para ofrecer novos servizos; apúntate ao noso boletín de noticias para estar ao tanto das novidades!

Que servizos ofrece?

Ofrecémosche a incrible posibilidade de realizar transferencias instantáneas aos teus amigos, familiares ou a quen ti queiras co teu móbil. Esquécete do IBAN e outros trámites complexos. Soamente necesitarás o número móbil da persoa á que queres enviarlle ou solicitarlle diñeiro, e todo coas máximas medidas de seguridade e co apoio dos principais bancos españois. Unha oferta atractiva, non cres? Ademais, podes realizar doazóns a diferentes causas benéficas e pagar as túas compras por internet mediante Bizum. Igual de rápido, cómodo e seguro!

Particulares

Que requisitos hai para poder utilizar Bizum?

Abonda con dispoñer de conta bancaria (IBAN) en España con calquera das entidades que ofrecen o servizo e dun número de teléfono móbil.

Que bancos dispoñen de Bizum?

Case toda a banca ofrece Bizum, podes consultar o listado completo aquí.

Onde o podo atopar?

Dependendo da entidade, estará dentro da aplicación xeral do móbil, wallet ou banca electrónica.

É seguro?

Por suposto! Bizum é un servizo integramente ofrecido polas canles bancarias, polo que está totalmente amparado polos sistemas de seguridade dos bancos. A transferencia sempre a ordena o teu banco e é el o que se encarga de autenticarte.

Ten algún custo?

Bizum non ten ningún custo para os usuarios. Non obstante, dependerá da política de cada entidade; animámosche a consultalo co teu banco..

Ten algún límite?

Sabemos que che gusta Bizum, pero sempre é bo marcar algúns límites para garantir a túa seguridade, que é o máis importante para nós:
– Importe mínimo por operación: 0,50€
– Importe máximo por operación: 1.000 €
– Importe de operacións recibidas por cliente nun día: 2.000 €
– Número de operacións permitidas recibidas por un cliente nun mes: 150 operacións
– Número máximo de destinatarios para incluír nunha solicitude/envío múltiple: 30 destinatarios
– Duración do envío pendente a un Non cliente: 2 días
– Duración da solicitude pendente a un Non cliente: 7 días
– Tempo máximo de almacenamento do contido adicional en servidores do servizo: 30 días
Dito isto, cada entidade poderá establecer os seus propios límites, dentro destes, para o seu servizo.

Como me dou de alta?

O proceso é moi sinxelo.
1.Elixe a entidade coa que desexas unirte a Bizum
2.Busca a súa aplicación na Play Store ou na Apple Store
3.Descárgaa
4.Xa case rematamos, ánimo
5.Introduce as túas credenciais de banca en liña e entra
6.Accede á área Bizum ou a enviar/recibir diñeiro con Bizum
7.Le e acepta os Termos e Condicións
Empeza a facer Bizums!!! Así de doado.

A partir da alta, teño que esperar para poder utilizalo?

Non. É instantáneo, unha vez te deas de alta, xa estarás listo para facer un Bizum. 😊

Podo usalo se son menor de idade?

Esta cuestión depende de cada entidade bancaria, polo que te animamos a ti e ao teu titor a contactar co voso banco para consultarlle este tema. Consulta aquí o listado de entidades.

Podo facerlle un Bizum a unha persoa cunha conta no estranxeiro? E se ten un teléfono estranxeiro?

Aínda que nos encanta viaxar ao estranxeiro, o servizo de Bizum aínda non está dispoñible para contas bancarias de fóra de España.

Respecto ao teléfono, Bizum non ten ningunha restrición, polo que non habería problema para facer un Bizum a móbiles estranxeiros que teñan asociada unha conta bancaria española.

Podo facerlle un Bizum a unha persoa que non dispoña do servizo?

Si. Soamente introduce o seu teléfono móbil e enviaráselle unha mensaxe invitándoo a unirse a este gran servizo. No obstante, ten en conta o seguinte:
– Se o teu Bizum era para enviar diñeiro, o teu envío quedará en estado pendente ata que o destinatario se rexistre, momento no que se realizará o envío de diñeiro. Se, despois de dous días desde a data de envío, o destinatario non se rexistra, a operación cancelaranse automaticamente.
– Se o teu Bizum era para solicitar diñeiro, a túa solicitude quedará en estado pendente ata que o destinatario conteste. Se, despois de sete días desde a data de envío, o destinatario non se rexistra, a operación cancelaranse automaticamente.

Podo ter un teléfono asociado a dúas contas do mesmo ou de diferentes bancos?

Un número de teléfono unicamente pode asignarse a un único número de conta bancaria (IBAN). Non obstante, podes cambiar de conta seleccionada e de banco tantas veces como queiras.

Podo cambiar o meu Bizum de entidade?

Por suposto! Ademais, é doado e sinxelo. Simplemente entra na aplicación da entidade á que queiras cambiar, e, ao intentar acceder á área Bizum, aparecerache unha mensaxe preguntándoche se desexas realizar o cambio dunha a outra.

Estou dado de alta en Bizum cunha entidade, podo ter Bizum con outra entidade ao mesmo tempo?

Bizum é monógamo, polo que unicamente podes estar cunha entidade ao mesmo tempo. Iso si, podes cambiar tantas veces como queiras 😉 Cun só número de teléfono móbil podes estar en Bizum unicamente a través dunha entidade, e con varias se dispós de máis dun número.

Podo asociar máis dun número de teléfono á mesma conta?

Sen problema. Se, por exemplo, a túa parella e ti utilizades unha mesma conta bancaria, non hai problema par que ambos os deades de alta en Bizum asociando cadanseu móbil á mesma conta bancaria.

Mandeille un envío/solicitude de diñeiro a un amigo, cando lle chegará o diñeiro?

O envío é inmediato, polo que lle chegará á conta do destinatario en menos de 5 segundos! Por se acaso, sempre lle enviamos unha notificación ao receptor do diñeiro para confirmarlle a correcta recepción. En caso de solicitude, o destinatario terá 7 días para aceptala ou rexeitala.

Teño que facer varios Bizums, podo realizar envíos ou solicitudes múltiples?

Si! É moi doado: só tes que engadir varios números de teléfono ou seleccionar os destinatarios desde a túa axenda, ata un máximo de 30. Iso si: o importe enviado ou solicitado ten que ser o mesmo para todos os destinatarios.

Vou casar, poden mandar diñeiro os meus invitados a través de Bizum?

Bizum é o método máis sinxelo, rápido e seguro para recibir o agasallo de voda que vos fagan os invitados. Non é necesario que compartades o IBAN da vosa conta bancaria, abondará con incluír o número de teléfono dun dos membros da parella no convite e indicar a posibilidade de recibir diñeiro a través de Bizum. Os vosos invitados poderán enviar o diñeiro doadamente desde o seu móbil, a través da aplicación do seu banco, introducindo o número de teléfono facilitado. Como o envío se realiza de forma inmediata, en menos de 5 segundos disporedes do diñeiro do agasallo na vosa conta!

Como me podo dar de baixa?

Lamentaríamos saber que queres darte de baixa, pero se estás decidido, podes darte de baixa a través das mesmas canles polas que realizaches a alta. En caso de calquera dúbida relativa á baixa, sempre podes dirixirte a calquera das sucursais da última entidade coa que estiveches dado de alta.

Compra en liña

Que é a clave Bizum?

A clave Bizum é un código de 4 díxitos co que poderás comprar en todos os comercios que teñan o botón Bizum como medio de pago dispoñible.

Como obteño a miña clave Bizum?

Podes obtela na app do teu banco, entra aquí e preme sobre o logo do teu banco para obter máis información. Poderás cambiala sempre que queiras desde esta aplicación.

Mudei de banco, sigo mantendo a miña clave Bizum?

En caso de hacer portabilidad a otro banco, deberás obtener una nueva clave Bizum para hacer tus compras online.

Podo cambiar a miña clave Bizum?

Claro! Igual ca co PIN dunha tarxeta. Poderás xestionar a clave Bizum na app do teu banco e solicitar a súa modificación ou creación dunha nova cando consideres.

O meu banco Bizum non me ofrece a clave Bizum, podo comprar en liña?

En caso de que o teu banco non teña a clave Bizum significa que está traballando para ofrecer o pago en comercio electrónico. Outra posibilidade é que a túa entidade xa permita completar os pagos con Bizum directamente na súa app bancaria, para iso só terás que introducir o teléfono no momento do pago, e chegarache unha notificación do banco para completar o pago na súa aplicación.

En que comercios podo usar Bizum?

En todos os comercios nos que vexas o botón de Bizum na súa páxina de pago. Tamén podes consultar aquí o listado de comercios que xa dispoñen do noso método de pago.

Que garantías teño ao facer a compra nun comercio electrónico con Bizum?

Bizum, como método de pago instantáneo de conta a conta, ofrece a máxima garantía de seguridade conforme aos estándares regulamentados pola Unión Europea e a lexislación española. O pago realízase de forma totalmente segura con Bizum a través do teu banco, que é quen finalmente valida a operación.
As garantías de entrega de produto e devolucións deberás consultarllas no comercio en cada caso.

Como devolvo un produto comprado con Bizum?

Igual que acontece co outros métodos de pago, a política de devolución do produto réxese polas condicións establecidas polo comercio onde realizaches a compra. Debes falar co comercio para efectuar a xestión e, de ser o caso, a devolución do pago.

Como consulto as miñas compras?

Podes consultar todas as túas compras dentro da app do teu banco no apartado Bizum/movementos. As compras realizadas con Bizum amósanse na mesma sección que os Bizum que fixeches cos teus amigos e familiares. Todas as operacións Bizum chegan á túa conta bancaria vinculada ao servizo, polo que poderás velas tamén a través das canles do teu banco cos que normalmente a consultas (banca electrónica, banca móbil, etc.).

Ten algún custo para o comprador?

Pagar con Bizum no comercio non ten custo ningún para o usuario. Polo que non, non che cobramos unha taxa cando lle dás ao botón de pagar. 😉

Podo utilizar Bizum para realizar unha compra dun artigo a un particular?

Efectivamente, Bizum é unha solución de pago ideal para compras entre particulares, en especial, a través das aplicacións ou plataformas que poñen en contacto a compradores e vendedores. Non obstante, sempre pode haber casos esporádicos nos que un vendedor trate de aproveitarse da boa vontade do comprador, independentemente de que se pague con Bizum ou calquera outro medio de pago (transferencia, contra reembolso, efectivo, etc.) Coma con calquera outro medio, antes de pagar con Bizum, asegúrate de que o vendedor che entregou o produto realmente adquirido ou che ofrece garantías suficientes de que cho vai enviar posteriormente, xa que desde Bizum non podemos garantir a boa vontade do vendedor e o conseguinte envío de mercancía.
Algúns comportamentos e accións que te poden axudar a sospeitar que o vendedor non é fiable son:
– O suposto vendedor vende un produto novo ou de alta gama a un prezo bastante inferior ao de mercado.
– O teléfono que o vendedor che indica para que remitas o diñeiro a un número de teléfono diferente ao que utilizou para comunicarse contigo.
– O nome da persoa que recibirá o diñeiro é diferente do nome do vendedor co que estiveches conversando.
– No caso de compra a través dunha plataforma de venda, comproba sempre a reputación do vendedor e a antigüidade da conta. Desconfía dos vendedores con mala ou nula reputación e cunha antigüidade baixa.
– Ás veces a prudencia é unha bendición. É por iso que che recomendamos tamén que antes de realizar a operación, comprobes que o teléfono do vendedor non aparece na internet asociado a casos de presunta estafa. Abonda con introducir o número de teléfono no teu buscador para realizar esta sinxela comprobación.
Algunos comportamientos y acciones que te pueden ayudar a sospechar que el vendedor no es fiable son:
– El supuesto vendedor vende un producto nuevo o de alta gama a un precio bastante inferior al de mercado.
– El teléfono que el vendedor te indica para que remitas el dinero es un número de teléfono distinto al que ha utilizado para comunicarse contigo.
– El nombre de la persona que recibirá el dinero es diferente el nombre del vendedor con el que has estado manteniendo la conversación.
– En caso de compra a través de una plataforma de venta, comprueba siempre la reputación del vendedor y la antigüedad de la cuenta. Desconfía de los vendedores con mala o nula reputación y con una antigüedad baja.
– A veces la prudencia es una bendición. Es por ello que te recomendamos también que antes de realizar la operación, compruebes que el teléfono del vendedor no aparece en internet asociado a casos de presunta estafa. Basta con introducir el número de teléfono en tu buscador para realizar esta sencilla comprobación.

Empresas

Podo usalo se son autónomo?

Recentemente activouse a posibilidade de usar Bizum para os teus pagos relacionados coa túa actividade profesional. Debes falar co teu banco para a súa contratación, xa que se trata dun servizo diferente ao envío de diñeiro entre particulares. O usuario aceptará os pagos como realiza os pagos en comercio electrónico Bizum.

Son un comercio, como podo incluír o botón de Bizum no meu web? Cales son as condicións?

Para aceptar Bizum como método de pago, contacta con calquera dos bancos adheridos para chegar ao correspondente acordo comercial.
O banco co que peches o acordo indicarache os seguintes pasos e, en especial, como integrar doadamente o botón Bizum na túa páxina de pago, sexa cal sexa a túa plataforma tecnolóxica. Calquera comercio, grande ou pequeno, pode incorporar Bizum.
Coma noutros métodos de pago, as condicións comerciais e de servizo poden variar dependendo do banco. Elixe o que mellor se adapte á túa actividade e características.

Son un comercio, con que bancos podo falar para incorporar o botón Bizum?

Nesta páxina tes o listado de bancos que o ofrecen actualmente.
Progresivamente, iranse sumando máis bancos adheridos a Bizum. Contacta con calquera deles!

Son un comercio, que vantaxes me ofrece o pago con Bizum?

Os usuarios de Bizum son os máis activos en banca dixital e compras en liña. Están acostumados a usar Bizum para o pago entre persoas, que tivo xa unha expansión comercial. Agora piden utilizar Bizum para pagar en comercios web, aplicacións móbiles, novos contornos…
Bizum é unha solución completamente segura, que incorpora un dobre factor de validación e cumpre coa directiva europea de pagos PSD2, pero iso non quere dicir que os usuarios tarden máis en realizar o pago! Grazas á asociación que fai Bizum entre o seu teléfono móbil e a súa conta bancaria, o usuario pode efectuar o pago en menos de 25”.
Só ten que usar o seu número de teléfono, sen necesidade de introducir outros datos de tarxeta ou conta. Seguro que iso lle permite completar a súa compra máis doadamente.
E, por suposto, coa confianza que supón, para comercios e consumidores, a aplicación de procedementos e garantías equivalentes ás doutros métodos bancarios.
Hai que recordar que Bizum é unha solución creada polos principais bancos españois e a oferta de servizo que podedes atopar con eles será moito máis variada e flexible que a doutros competidores, á hora de axustarse ás vosas necesidades.
Por suposto, sendo un comercio que ofrece Bizum, terás visibilidade no noso sitio web, para que os usuarios que o visitan poidan acceder directamente ao teu comercio cunha ligazón. Tamén os bancos adheridos difundirán o pago con Bizum de compras en liñas nas súas propias canles.

Son unha empresa, podo pagar con Bizum as miñas promocións, premios e descontos?

Bizum permítelles á túa empresa pagar premios, descontos ou reembolsos aos teus clientes que estean dados de alta no servizo. Non é necesario coñecer o IBAN dos afortunados, abondará co seu número de teléfono móbil. O proceso é sinxelo, só necesitas comunicarlle á entidade financeira que desexes (e que estea adherida en Bizum)), o teu interese en ofrecer Bizum para as túas promocións. Esta entidade indicarache os pasos para integrar o noso servizo e que calquera persoa poida recibir o seu premio de maneira doada, segura e inmediata.

ONG

Son unha ONG, como podo ofrecer Bizum?

O proceso é sinxelo: debes facerlle saber á entidade financeira coa que traballes habitualmente, que deberá estar adherida a Bizum, o teu interese en ofrecer Bizum para recibir doazóns; esta entidade será a encargada de habilitar o servizo Bizum e calquera bizumer poderá facer unha doazón independente da entidade á que pertenza. Para calquera petición ou dúbida adicional relativa ao proceso de alta en Bizum, escríbenos!

Axuda

Que podo facer se teño problemas á hora de rexistrarme en Bizum?

En caso de ter calquera problema durante o proceso de alta, ao ser Bizum un servizo ofrecido integramente a través de canles bancarias, recomendámosche poñerte en contacto co teu banco. Se aínda así os problemas persisten, podes escribirnos ou dirixirte aos nosos perfís de Twitter, Facebook ou Instagram.

Que fago se mudei de número de teléfono móbil?

Nese caso, é necesario que lle notifiques á entidade bancaria coa que estabas rexistrado o cambio de número de teléfono para que o actualice en Bizum. Ademais, para evitar que o teu número de teléfono se manteña activo ata que lle notifiques á entidade o cambio de número, recomendámosche tramitar a túa baixa antes do cambio de terminal.

E se cambio de entidade bancaria?

En caso de cambiar de banco, a entidade bancaria coa que estabas rexistrado tramitará a túa baixa en Bizum. En todo caso, este proceso de baixa pode tardar un par de días, polo que se vas mudar de banco, recomendámosche tramitar a baixa en Bizum de forma previa, co fin de poder darte de alta co teu novo banco de forma instantánea.

Deime de baixa no meu banco sen me dar de baixa en Bizum. Posteriormente fíxenme cliente doutro banco e, ao darme de alta en Bizum, non me deixa porque me di que aínda sigo rexistrado co meu antigo banco; que podo facer?

Sen problemas! Contacta co teu antigo banco para que poidan darte de baixa no servizo de Bizum e nun abrir e pechar de ollos poderás volver usar Bizum.

Como actuar se me dá erro ao intentar facer unha operación con Bizum?

En primeiro lugar, non preocuparte, dado que ata que non che confirmamos na pantalla que o envío ou a solicitude se realizou correctamente, non hai risco de que se fixese unha operación sen o teu coñecemento. A continuación, recomendámosche repetir un par de veces o proceso por se puidese deberse a un erro puntual da aplicación e, en caso de persistir, animámosche a poñerte en contacto co teu banco. Se, aínda así, os problemas persistisen, podes escribirnos e axudarémosche en todo o posible.

Que pasa se, cando unha amizade acepta o envío/solicitude, eu non dispoño de fondos na conta do meu banco?

Por desgraza, neses casos a transferencia non se poderá levar a cabo e cancelarase automaticamente. Terás que volver facerlle un Bizum ao teu amigo unha vez que volvas dispoñer de fondos.

Equivoqueime de destinatario ao enviar un Bizum, que podo facer?

A solución máis doada é que te poñas en contacto coa persoa á que lle enviaches erroneamente o diñeiro, co fin de que esta poida devolvelo. En todo caso, tamén podes poñerte en contacto co teu banco para que che informe sobre que en supostos poderás solicitar a devolución da operación.

Roubáronme o móbil, que fago?

Tranquilidade, Bizum é un servizo totalmente seguro e conta co apoio dos sistemas de seguridade dos bancos que o ofrecen, polo que, a pesar de que roubasen o móbil, non poderían acceder a Bizum sen as túas credenciais de banca en liña.

Comprei un produto con Bizum a un particular e non o recibín, que podo facer?

Se utilizaches o servizo para o pago dalgún produto a outro particular e este aínda non cho entregou, recomendámosche acudir á túa entidade bancaria para que che informe sobre as distintas vías de reclamación.

Realicei unha compra dun artigo e paguei a través de Bizum pero non recibín a mercadoría, devolve Bizum o diñeiro? Que podo facer?

En primeiro lugar, lamentamos que te vises nesa situación. Para a túa tranquilidade, indicámosche que toda a información das operación está rexistrada nos sistemas, polo que, en caso de estafa, sempre existe un pegada que seguir e sempre se dispón de todos os datos da persoa que recibiu o diñeiro, polo que, tarde ou cedo, poderase “coller” o presunto estafador. Neste caso, suxerímosche que interpoñas unha denuncia, as forzas e corpos de seguridade do Estado son os que investigarán o teu caso. Desde Bizum colaboraremos na persecución do presunto estafador achegando os datos que teñamos del e da transacción afectada en canto as autoridades competentes nolo soliciten de forma oficial.

Non recoñezo un pago feito por Bizum, que podo facer?

Revisa ben os detalles do pago na app do teu banco ou na túa conta bancaria para confirmar que non o identificas. Nese caso, ponte inmediatamente en contacto co servizo de atención ao cliente do teu banco. Eles diranche como actuar e, se se tratase efectivamente dun cargo indebido, como reclamar o seu reembolso.