Bizum | Seguridade e protección nos teus pagos
Volver al blog
Seguridade e protección nos teus pagos

Seguridade e protección nos teus pagos

Bizum é un servizo integramente ofrecido polas canles bancarias, polo que está totalmente garantido polos seus sistemas de seguridade. A transferencia sempre a ordena o teu banco e son eles os que se encargan de autenticarte.

Que fai que Bizum sexa seguro?

Entorno bancario

Está na aplicación do teu banco, con todo o que iso supón, sobre todo no que ten a ver coas garantías e medidas habituais de seguridade que che ofrece a túa entidade.

Cumprimento da normativa.

Naceu cumprindo tódalas normativas de seguridade, tanto europeas coma españolas. Apostamos por implantar calquera actualización ou innovación que supoña mellorar a túa seguridade.

Comunidade ben informada.

Mantemos a nosa comunidade informada, ofrecendo sempre consellos de seguridade e pautas para manteren aos nosos usuarios protexidos.

Dúbidas frecuentes

O número do destinatario é erróneo

O destinatario non recibe o diñeiro

Que pasa se o número do destinatario é erróneo?

Bizum funciona coma as transferencias, por iso é importante comprobar que o número de teléfono é correcto, xa que non hai posibilidade de desfacer un envío unha vez aprobado (factor de seguridade). No caso de equivocáreste de destinatario, podes solicitar ao teu banco a retrocesión da operación.

Consellos

Engade o número ao teus contactos

Garda o número de teléfono nos teus contactos para evitar erros

Revisa os datos do destinatario

Confirma que os datos sexan os correctos antes de validar a operación. Poderás consultar o alias do destinatario, formado polo nome e as iniciais dos dous apelidos (en cumprimento da Lei de Protección de Datos).

Procedemento

Solicita a devolución ao destinatario

Se é posíbel, contacta co destinatario para solicitar a devolución.

Solicita axuda o teu banco

Solicita a túa entidade o inicio da retrocesión da operación Bizum por destinatario incorrecto. Para iniciar o proceso, deberás facilitar tódolos datos dispoñíbeis sobre a operación (teléfono, data e importe, detalle do movemento na conta bancaria).

Que pasa se o destinatario non recibe o diñeiro?

Tódalas transaccións quedan rexistradas, polo que se pode facer un seguimento e ver o estado no que se atopa. Pode tratarse dun error puntual, polo que é aconsellable consultar o seu estado pasadas unhas horas.

Contacta co teu banco

Para que revisen a operación, vexan o seu estado e poidan realizar as accións necesarias para solucionar o problema. Para iso, deberás facilitar tódolos datos dispoñíbeis sobre a operación (teléfonos, data e importe, detalle do movemento na conta bancaria).

Evita fraudes e estafas

Bizum ofrece a máxima garantía de seguridade conforme ás normas reguladas pola Unión Europea maila lexislación española. A transacción realízase de forma totalmente segura con Bizum a través do teu banco, que é quen finalmente valida a operación. Segue os nosos consellos para protexerte.

Compras entre particulares:

  • Asegúrate da boa fe do vendedor e sospeita de gangas.
  • Se ti es o vendedor, asegúrate de estar recibindo o diñeiro e non unha solicitude.

Compras a comercios:

  • Verifica que se trata dunha web de confianza.
  • As condicións de entrega e de devolución deberás consultalas con cada comercio.

Que facer logo de sufrir unha estafa?

Acode ás forzas de seguridade do Estado con toda a información para interpoñer unha denuncia. Eles nos solicitarán a información correspondente, que quedaría rexistrada nos nosos sistemas, para avanzaren na investigación xudicial.